Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alba Fernández e Sergio Veiga manteñen a súa hexemonía na cita da Copa de España en Mondariz

30 DE JUNIO DE 2025

O Pump Track galego colleitou 14 vitorias

Alba-Fernandez-e-Sergio-Veiga-mantenen-a-sua-hexemonia-na-cita-da-Copa-de-Espana-en-Mondariz

Foto: RFEC

Por segundo ano consecutivo a Copa de España de Pump Track visitou a localidade pontevedresa de Mondariz. A cuarta cita deste certame, e única que se celebra na nosa comunidade, tivo clara cor galega con 14 vitorias. Os tempos scratch, tal e como aconteceu no 2024, corresponderon este sábado á redondelá Alba Fernández e ao naronés Sergio Veiga, dous riders do Pontebike, o club organizador. 

Nunha xornada marcada polas altas temperaturas, o líder sub-23 Sergio Veiga asinou como mellor rexistro un 'crono' de 14.902 e quen máis se lle achegou foi o júnior aragonés Adrián Martín (Biofrutal Sport) cunha marca de 15.226. A terceira praza na táboa absoluta obtívoa o sub-23 Iván García (Val do Ulló) grazas a un tempo de 15.273. 

imagen

As tres corredoras máis rápidas no IV Pump Track Nocturno Mondariz compiten con licenza galega. A líder sub-23 Alba Fernández logrou deter o cronómetro en 16.700 e por oito décimas impúxose á cadete Paula Rodríguez (Val do Ulló). Xunto a elas subiu ao podio scratch a elite Yuli Paola Rey (Kiwi Atlántico-Craega), que na súa mellor quenda fixo 17.879.

imagen

As outras dez vitorias de pilotos da nosa comunidade acadáronas Noel Vidal (Val do Ulló) en Promesas 7 e 8, Sofía Núñez (Ribadumia) en Principiantes, Vera Rodríguez (Lasal Cocinas-Craega) en Alevín, Sergio Piñeira (VK Bikes) en Elite, Alejandro Pérez (Maese Ourense) en Máster-30, Cristina Romero (Ribadumia Bikescola) e Francisco Manuel Lorenzo (Bike ou Non Vai) en Máster-40, Rosa María López (Maese Ourense) e Alberto Manuel García (Maese Ourense) en Máster-50, e Antonio Piñeiro (Maese Ourense) en Máster-60. 

imagen

A falta dunha proba para completar o calendario da Copa de España, o 28 de setembro en Fraga (Huesca), o noso Pump Track conta con dez líderes nas clasificacións xerais: Eva Vilas (Farto) en Alevín, Paula Rodríguez en Cadete, Alba Fernández e Sergio Veiga en Sub-23, Yuli Paola Rey en Elite, Iván Rial (Bentraces) en Máster-30, Cristina Romero en Máster-40, Rosa María López e Alberto Manuel García en Máster-50 e Antonio Piñeiro en Máster-60.

Clasificacións

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es