11 DE JUNIO DE 2025
Foto: Kike Abelleira Photo
No seu primeiro ano na categoría e na súa segunda experiencia como Sub-23 na Copa do Mundo, o carballiñés Alejandro García xa estivo entre os mellores. O corredor do Mondraker Factory Racing estreouse no top-10 do certame da Unión Ciclista Internacional e fíxoo por partida dobre no circuíto austríaco de Leogang. Asinou o sexto posto no Short Track (XCC) e e o noveno na proba de Cross Country Olímpico (XCO).
O sensacional resultado acadado no aperitivo da proba curta celebrada o venres permitiulle o domingo saír dende a primeira liña. Grazas a eses dous postos entre os dez primeiros Sub-23 sumou 54 puntos UCI. "Facendo realidade pequenos soños do pasado", escribiu o biker do Carballiño na súa conta de Instagram.
Outro ourensán, o recente campión de España de XCM, tamén competiu a nivel internacional. O elite macedao Pablo Rodríguez (Buff Megamo Team) rematou 23º no Campionato de Europa de Maratón celebrado o domingo en Casella (Italia).
FORMACIÓN
BTT
FORMACIÓN
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es