17 DE JULIO DE 2025
Na outra beira do río Miño, enfronte do municipio pontevedrés de Arbo, a localidade portuguesa de Melgaço acollerá a vindeira semana o Campionato de Europa de Cross Country Olímpico (XCO), Team Relay (XCR) e Short Track (XCC). A selección española publicou este xoves a convocatoria para competir no circuíto luso dende o martes 23 ao domingo 27 e na lista de 20 bikers confeccionada por Anna Villar, máxima responsable técnica do combinado estatal, hai dobre representación galega: a júnior Lorena Patiño e o sub-23 Alejandro García.
Ademais das probas individuais, tanto a marinense do Decathlon Misser Project como o carballiñés do Mondraker Factory Racing formarán parte do sexteto que dispute a carreira Team Relay do venres. Nesa cita por remudas compartirán equipo con David Valero, Raúl López, Estíbaliz Sagardoy e Marta Cano.
A pasada campaña Alejandro García competiu por primeira vez no Europeo, mentres que Lorena Patiño estrearase no campionato continental. Ambos xa saben o que é subir ao máis alto do podio en eventos do calendario UCI celebrados en Melgaço. O ourensán conseguiu a vitoria no 2024 como júnior e a pontevedresa impúxose hai catro meses entre as xuvenís.
Programa de competición do Campionato de Europa de XCO-XCC-XCR 2025:
Mércores 23 de xullo
16:15 h – Mangas clasificatorias para o Short Track elite-sub23 masculino e feminino
17:15 h – Mangas clasificatorias para o Short Track júnior masculino
Xoves 24 de xullo
11:00 h – Short Track júnior feminino
11:45 h – Short Track júnior masculino
16:00 h – Short Track elite-sub23 feminino
16:45 h – Short Track elite-sub23 masculino
Venres 25 de xullo
15:30 h – Team Relay
Sábado 26 de xullo
11:00 h – Carreira XCO júnior masculina
14:15 h – Carreira XCO júnior feminina
16:15 h – Carreira XCO sub23 masculina
Domingo 27 de xullo
11:00 h – Carreira XCO sub23 feminina
13:30 h – Carreira XCO elite feminina
16:10 h – Carreira XCO elite masculina
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es