14 DE MAYO DE 2024
A especialidade olímpica do BTT celebrou o seu Campionto de Europa 2024 en Romanía con dous bikers da nosa comunidade representando á selección española. Ambos estreáronse na gran cita continental do XCO. O júnior Alejandro García asinou a undécima praza, ademais da décimo sexta no Short Track, e a elite Lara Lois rematou 35ª no circuíto de Cheile Gradistei.
O corredor carballiñés do Academia Postal - Maceda, vixente campión de España xuvenil de XCO, abriu a súa participación logrando o pase á final do Short Track e na carreira curta definitiva concluíu décimo sexto, sendo o segundo mellor español. As súas sensacións foron moito mellores dous días despois, o sábado, na proba longa. Alejandro García protagonizou un brillante inicio. Situouse terceiro nos primeiros xiros e transmitindo que podía estar na loita polas medallas. Por desgraza, sufriu unha fea caída no rock garden que lle obrigou a pararse dúas veces por un problema mecánico e viuse obrigado a remontar posteriomente ata quedarse ás portas do top-10, undécimo.
O Europeo disputouse con mal tempo, sobre todo, o domingo nas carreiras raíñas. Moita chuvia, néboa e frío nunha xornada de condicións dantescas. Sobre o lameiro, a campioa estatal elite Lara Lois compartiu grella de saída, entre outras, coa defensora do título Puck Pieterse (Países Baixos), que conservou a coroa. A fortuna tampouco acompañou á grovense do RG Bikes. A cadea da súa bicicleta rachouse ao inicio da segunda volta e lonxe da zona de asistencia técnica. Despois de continuar a pé ata arranxar a avaría, só puido realizar un xiro máis. Correspondeulle a 35ª posición.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
BTT
BTT
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es