Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alejandro García e Lorena Patiño despiden a Copa de España XCO con segundos postos en Cervera del Maestre

01 DE JULIO DE 2024

Jorge Aguín adxudicouse a xeral máster-40 cun pleno de vitorias

Alejandro-Garcia-e-Lorena-Patino-despiden-a-Copa-de-Espana-XCO-con-segundos-postos-en-Cervera-del-Maestre-

Fotos: RFEC

O calendario da Copa de España XCO Cofidis 2024 concluíu esta fin de semana co Gran Premio Ciudad del Ciclismo de Cervera del Maestre na provincia de Castellón. Nesta quinta e última xornada puntuable, tres bikers da nosa comunidade pisaron o podio. Lorena Patiño (XSM) e Alejandro García (Academia Postal - Maceda) remataron segundos nas carreiras juniors do domingo e Jorge Aguín (Moto Bike) certificou o sábado o seu pleno de vitorias nos máster-40 lucindo a camisola de líder da xeral. 

A proba júnior feminina tivo como gañadora a Cynthia Martín. A mexicana do Gobik Factory Team marchouse de inicio e logrou distanciar á marinense Lorena Patiño. Porén, unha caída da corredora azteca na última volta deu emoción ao desenlace da proba e a galega quedou a só 16 segundos de alcanzar á vencedora en Cervera del Maestre. A terceira posición, a 2 minutos da representante do XSM, correspondeu á andaluza Ana María Mena, líder final da Copa de España. 

imagen

Nos juniors, viviuse un bonito duelo de corredores que o ano que vén xa darán o salto á máxima categoría. O carballiñés e vixente campión estatal Alejandro García, Hugo Franco, Eneko Olveira, David Vizcaíno e o neozelandés Eddie Adams foron os que se xogaron as cartas nos primeiros compases. A falta de dúas voltas, Franco saltou do grupo e ninguén o puido seguir; con todo, o andaluz tivo problemas na súa cadea na última volta e a punto estivo de atrapalo o ourensán, que finalmente entrou segundo a 31". O neozelandés Adams foi terceiro. Pola súa banda, Olveira, quinto clasificado no circuíto castellonense, adxudicouse a xeral. 

imagen

En todas as categorías da Copa de España XCO Cofidis só houbo un biker que acumulou 1.000 puntos e ese foi o grovense Jorge Aguín. O líder máster-40 venceu nas cinco xornadas e o seu repóker de triunfos certificouno coa solvencia habitual de toda a temporada. En Cervera del Maestre superou por 1'18" ao catalán Melcior Faja. 

imagen

Máis información

 

GALERÍA DE FOTOS

Alejandro García e Lorena Patiño despiden a Copa de España XCO con segundos postos en Cervera del Maestre
Alejandro García e Lorena Patiño despiden a Copa de España XCO con segundos postos en Cervera del Maestre
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es