05 DE NOVIEMBRE DE 2024
A edición 2024 do Campionato de España de Pump Track, que se celebrou este pasado domingo 3 de novembro na localidade alacantina de Torrevieja, tivo que cancelarse debido ás condicións meteorolóxicas e por tanto non puido completarse de forma íntegra o programa de competición.
Os/as gañadores/as daquelas categorías nas que si puideron celebrarse integramente ambas mangas si constarán como campións de España e os integrantes do podio recibirán as súas respectivas distincións. A Real Federación Española de Ciclismo enviará proximamente as camisolas de campión de España e as medallas a cada un dos gañadores das mesmas. Oito metais, catro deles de ouro, virán para Galicia.
Ainoa Posada (Pontebike), campioa infantil no 2023, fíxose nesta ocasión co título cadete. Por 25 milésimas bateu a Paula Baena (Andalucía). Outra vitoria axustada protagonizouna a alevín Vera Rodríguez (Máster da Louriña), rebaixando en 175 milésimas o tempo de Helena Mortensen (Andalucía). Pola súa banda, o máster-50B Antonio Piñeiro (Maese Ourense) e a súa compañeira de equipo máster-50 Rosa María López foron os únicos clasificados nos seus grupos de idade.
A un paso do maillot rojigualda quedaron a elite Yuli Paola Rey (Kamikazes), segunda na categoría a raíña a 791 milésimas de Ruth Frutos (Aragón); a júnior Alba Fernández (Pontebike), prata xuvenil a 552 milésimas de Ruth Abad (Aragón); e o alevín Daniel Díaz (Pontebike), a 750 milésimas do vencedor Albert Sala (Colla Pedalada). A medalla de bronce vaina recibir Leo Díaz (Pontebike), terceiro en Principiante.
O resto de postos top-10 galegos asináronos: Sofía Núñez (Ribadumia) cuarta en Principiante; Mateo Rial (Bentraces), cuarto en Promesas 5 e 6; Álvaro Costas (BMX Cromoly), quinto en Promesa 7 e 8; Paula Rodríguez (Maese Riders), sétima en Infanil; Miguel Blanco (A Forna), oitavo en Cadete; Izan Lago (A Forna), oitavo en Infantil; Carla Pérez (Gacela), novena en Infantil; Hugo Rodríguez (Máster da Louriña), décimo en Infantil; e Aleix Posada (Lynalfa Ponteareas), décimo en Alevín.
A organización deste Campionato de España de Pump Track está a tratar de buscar unha data alternativa para que aquelas categorías que non puideron completar a súa participación poidan competir polo título estatal antes de que conclúa a temporada. A Selección de Galicia non acudiu a Torrevieja pola coincidencia de datas co Campionato de Europa de Ciclocrós en Pontevedra, evento no que concentrou todos os seus recursos materiais e humanos.
Máis información e clasificacións
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es