Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Pereiro de Aguiar uniuse á Copa Galicia de Pump Track

02 DE SEPTIEMBRE DE 2024

Iván García e Alba Fernández marcaron os tempos scratch na cuarta xornada do certame autonómico

O-Pereiro-de-Aguiar-uniuse-a-Copa-Galicia-de-Pump-Track

Fotos: Lucía Otero (La Región)

Unha semana despois do Campionato de Galicia celebrado en Mugardos, o Pump Track da nosa comunidade retomou a súa Copa. O concello ourensán do Pereiro Aguiar sumouse este sábado ao certame autonómico acollendo a súa cuarta e penúltima cita puntuable. Un evento organizado polo club Maese Riders Team e que na súa primeira edición reuniu a un centenar de participantes no Complexo Deportivo de Monterrei. 

A Copa Galicia regresou a escena logo de máis de dous meses e medio de paréntese e fíxoo cos líderes de dúas das categorías marcando os tempos scratch. O sub-23 Iván García (Val do Ulló) estableceu o mellor rexistro entre os homes cunha marca de 13 segundos e 547 milésimas, batendo por só 7 milésimas ao tamén sub-23 Raúl Gándara (Pontebike) e por 453 milésimas ao elite Alejandro Pérez (Maese)- e a súa compañeira de equipo júnior, Alba Fernández, foi a máis rápida entre as mulleres cunha mellor volta de 14.508, superando en 617 milésimas á infantil Paula Rodríguez (Maese) e en case 1 segundo á alevín Vera Rodríguez (Avanza - O Porriño).

imagen

O palmarés do I Pump Track Concello do Pereiro estreárono inscribindo os seus nomes como gañadoras e gañadores Daniela Fernández (Maese) e Álvaro Costas (BMX Cromoly) en Promesa, Eva Vilas (Farto) e Leo Díaz (Val do Ulló) en Principiante, Vera Rodríguez e Daniel Díaz (Val do Ulló) en Alevín, Paula Rodríguez e Hugo Rodríguez (Avanza - O Porriño) en Infantil, Miguel Blanco (A Forna) en Cadete, Alba Fernández e Jorge Rodríguez (Maese) en Júnior, Sofía Ferreiro (Esmelle) e Iván García en Sub-23, Alejandro Pérez en Elite, Saúl Moreira (Siete Club) en Máster-30, Cristina Romero (Ribadumia) e Francisco Lorenzo (Bike Ou Non Vai) en Máster-40, e Rosa López (Maese) e Manuel García (Singletrack) en Máster-50. Por equipos venceu o Maese Riders, o conxunto anfitrión.

A falta dunha xornada, o II Pump Track Concello de Ourense do vindeiro sábado, as clasificacións xerais da Copa Galicia están lideradas por Paula Rodríguez e Hugo Rodríguez en Infantil, Ainoa Posada (Lynalfa Ponteareas) e Pedro Fernández (OsdoSacho) en Cadete, Alba Fernández e Saúl Vilar (BMX Cromoly) en Júnior, Sofía Ferreiro e Iván García en Sub-23, Yuli Paola Rey (Kamikazes) e Alejandro Pérez en Elite, Tamara Santos (THC Bike) e Saúl Moreira en Máster-30,  Cristina Romero e Francisco Lorenzo en Máster-40, e Rosa López e Manuel García en Máster-50. 

imagen

Toda a información sobre este circuíto de probas coordinado pola Federación Ciclismo Galego podes atopala na súa sección dentro desta mesma páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaPT24.

Clasificación

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es