O calendario de estrada para cadetes e escolas arrancou en Carballo

25 DE MAYO DE 2021

A segunda cita celebrouse en Santiago nunha intensa fin de semana para a base do noso ciclismo

O-calendario-de-estrada-para-cadetes-e-escolas-arrancou-en-Carballo

Con dúas probas na mesma fin de semana o ciclismo cadete e de escolas regresou ás estradas galegas. O sábado celebrouse o Trofeo Concello de Carballo e o domingo foi a quenda da XX Carreira da Ascensión en Santiago de Compostela. Ambas cita roldaron os 175 corredores, boa mostra do agardado que era este regreso á competición das categorías de base. 

O Club Ciciclista Carballo encargouse de subir o pano da temporada organizando un evento con máis de 30 anos de historia. As carreiras celebráronse sen público e cun estrito control de acceso ás rúas que integraron o circuíto de 2,3 quilómetros de lonxitude. Competindo con máscaras, as vitorias corresponderon a Lucía González (O Rosal) e Álvaro Díaz (Triatlon Coruña) en Promesas; Saray Álvarez (O Rosal) e Mateo Rodríguez (O Rosal) en Principiantes; Carmen Cabot (Padronés) e Aarón Rodríguez (Ponteareas) en Alevíns; e Lorena Patiño (Farto) e Diego López (Compostelano) en Infantís.  

En canto aos cadetes, Aroa Otero (Avanza-O Porriño) venceu por diante de Vania Gregores (Ponteareas) na carreira feminina, con Andrea Prado (Betanzos) completando o podio. Pola súa banda, Tomás Pombo (Cambre) fíxose co primeiro maillot da Copa Galicia ao vencer na proba masculina por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Soto e de Iker Rodríguez (O Rosal), segundo e terceiro respectivamente. O certame autonómico vivirá a súa segunda xornada o 26 de xuño en Viveiro.

Na entrega de premios o Club Ciclista Carballo brindou unha emotiva homenaxe a Guillermo Sande, quen nunca faltaba a este evento como representante federativo. 

Clasificacións

Ascensión

Ao día seguinte, o Club Ciclista Compostelano-Muebles Compostela encargouse de exercer de anfitrión noutra clásica do calendario autonómico. A vixésima edición da Carreira de Ascensión tivo como escenario a contorna do Estadio Vero Boquete. 

A lista de gañadores na capital galega integrárona Lola Uhía (Compostelano) e Darío Egido (Barbanza) en Promesas; Yolanda Egido (Barbanza) e Mateo Rodríguez (O Rosal); Carmen Cabot (Padronés) e Brais Gregores (Ponteareas); Lorena Patiño (Farto) e Diego López (Compostelano) en Infantís; e Andrea Prado (Betanzos) e Sergio Soto (Cambre) en Cadetes. 

Clasificacións 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es