O V Trofeo Entidad Local Menor de Bembrive celébrase este domingo

17 DE JUNIO DE 2021

O prazo para inscribirse remata ás 16:00 horas do venres

O-V-Trofeo-Entidad-Local-Menor-de-Bembrive-celebrase-este-domingo

O Concello de Vigo vén de autorizar a celebración este domingo do V Trofeo Entidad Local Menor de Bembrive de Ciclismo Infantil. As corredoras e os corredores que desexen participar nesta competición organizada polo Club Ciclista Vigués xa se poden inscribir. O prazo excepcional para anotarse remata mañá, venres 18, ás 16:00 horas.

Fai click neste enlace para realizar a túa inscrición.

A participación estimada é de 250 deportistas, distribuídos en 12 categorías, e cada equipo poderá contar con tres acompañantes.

Os ciclistas das categorías Promesas, Principiantes, Alevín e Infantil accederán ao circuíto sen test de antíxenos ou PCR negativa.

Pola contra, os ciclista das categorías Cadete e Júnior necesitan un certificado de test de antíxenos ou PCR Negativa. 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es