Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O futuro do DHI galego formouse na xornada FCG para cadetes e juniors

16 DE ABRIL DE 2022

O excorredor Toni Pérez e o mecánico Anxo Pérez Torrado compartiron os seus coñecementos con trece riders

O-futuro-do-DHI-galego-formouse-na-xornada-FCG-para-cadetes-e-juniors

En plena conta atrás para o inicio do calendario de competicións en Galicia, o Descenso autonómico viviu o Xoves Santo unha xornada de formación. Trece riders participaron na convivencia da Federación Ciclismo Galego (FCG) dirixida a cadetes e juniors. O circuíto do Kamikazes e o Hotel Avenida de Pontevedra foron os escenarios dun intenso día de DHI. 

A programación desta iniciativa, dirixida polo seleccionador Esteban Lorenzo, arrancou cun briefing nas inmediacións do Lago Castiñeiras e contou con dous convidados de luxo. Un deles, o excorredor Toni Pérez, encargouse da sesión de adestramento matinal, que contou con remontes en furgonetas. O laureado rider vigués analizou a técnica das promesas do DHI galego e ofreceulles consellos para mellorar a pilotaxe. 

Desde o trazado marinense a xornada FCG trasladouse ao Hotel Avenida en Pontevedra, onde cadetes e juniors repuxeron forzas cun xantar e pola tarde recibiron varias charlas. Anxo Pérez Torrado, mecánico profesional do equipo internacional Frameworks Racing, impartiu unha clase teórico-práctica sobre o axuste da bicicleta para unha competición de Descenso.

Tamén tomaron a palabra os representantes federativos para explicar a metodoloxía de traballo que se vai aplicar ao longo desta campaña nas concentracións e nas competicións ás que acuda a Selección de Galicia. A convivencia pechouse cunha cita no horizonte, a da primeira proba da Copa Galicia DHI o 1 de maio en Manzaneda. 

GALERÍA DE FOTOS

O futuro do DHI galego formouse na xornada FCG para cadetes e juniors
O futuro do DHI galego formouse na xornada FCG para cadetes e juniors
O futuro do DHI galego formouse na xornada FCG para cadetes e juniors
O futuro do DHI galego formouse na xornada FCG para cadetes e juniors
O futuro do DHI galego formouse na xornada FCG para cadetes e juniors
O futuro do DHI galego formouse na xornada FCG para cadetes e juniors
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es