Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Concentración preparatoria para os Campionatos de España Sub23 e Júnior masculinos de Estrada

25 DE MAYO DE 2023

O Hotel CEMAR de Mondariz-Balneario será esta fin de semana o cuartel xeral da Selección de Galicia

Concentracion-preparatoria-para-os-Campionatos-de-Espana-Sub23-e-Junior-masculinos-de-Estrada

O Campionato de España Sub23 arranca o 23 de xuño na Comunidad de Madrid e seis días máis tarde comezará o Júnior na Región de Murcia. Esta dobre cita do calendario masculino de Estrada vaina preparar durante esta fin de semana a Selección de Galicia na comarca do Condado Paradanta. O Hotel CEMAR, en Mondariz-Balneario, exercerá de cuartel xeral dos dous combinados dirixidos por Jacobo Ucha. O dobre obxectivo desta concentración, na que participarán un total de 21 ciclistas, é valorar o estado de forma dos corredores e realizar ensaios de calidade en percorridos similares aos dos campionatos. 

 

SUB23 

O stage deseñado para os ciclistas que compiten no campo amateur terá unha duración de dous días. A presentación e o briefing están fixados para o sábado ás 12:00 horas no Hotel CEMAR. Media hora máis tarde comezará un adestramento de 6 horas no que se simulará un circuíto parecido ao do Campionato de España que se celebrará o 23 e o 24 de xuño en terras madrileñas. O planning desta xornada inclúe unha reunión técnica despois de xantar e antes de descansar. O domingo efectuarase outra sesión en bicicleta, máis curta e intensa, e a convivencia concluirá co grupo compartindo mesa e mantel. 

Os dez corredores citados son:

Alejandro Paz Albores (Padronés-Cortizo)

Martín Rey Vázquez (Padronés-Cortizo)

Ricardo Buba Sopko (High Level-Gsport-Grupo Innova Tormo)

Manuel Rodríguez Alonso (Laboral Kutxa)

Sergio Lorenzo Pena (Laboral Kutxa)

David Pollán Díaz (Lasal Cocinas-Louriña Team XE)

Ángel Maneiro Rodríguez (Supermercados Froiz)

Raúl Casalderrey Esperón (Supermercados Froiz)

Andrés Taboada Rodríguez (Supermercados Froiz)

Miguel Rodríguez Novoa (Supermercados Froiz)

 

JUNIORS

A concentración deseñada para os xuvenís da Selección de Breogán limítase ao domingo, día 28. A benvida fixouse para as 9:20 horas e a continuación os juniors compartirán adestramento cos sub23. Esta posta a punto para o Campionato de España, que terá lugar na Región de Murcia a partir do 29 de xuño, inclúe a comida de despedida do stage.  

Os once corredores citados son: 

Lucas Aguiar Araújo (Padronés-Cortizo)

Iván Blanco Barreiro (Padronés-Cortizo)

Iker Rodríguez Lomba (Padronés-Cortizo)

Ricardo Liste Silva (Padronés-Cortizo)

Alejandro Crende López (Padronés-Cortizo)

Lucas Piñeiro Collazo (Padronés-Cortizo)

Tomás Pombo Álvarez (Padronés-Cortizo)

Miguel Fernández Simón (Cambre-Renault Caeiro)

Sergio Calvo Bembibre (Eolo-Kometa)

Lois Dejesús Guisande (Farto-BTC)

Víctor Lozano González (Farto-BTC)

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es