Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Tecnificación FCG para Infantís de BTT

08 DE JUNIO DE 2023

Este sábado en Poio

Xornada-de-Tecnificacion-FCG-para-Infantis-de-BTT

Fin de semana completa de BTT na localidade pontevedresa de Poio. O domingo vivirase unha dobre cita do calendario autonómico organizada polo Poio Bike Club, pola mañá o Mini BTT e pola tarde a novena proba da Copa Galicia XCO, e na véspera a Federación Ciclismo Galego realizará unha Xornada de Tecnificación FCG. Esta actividade de formación está dirixida ás rapazas e rapaces da categoría Infantil.

Dezasete bikers convivirán baixo a dirección de Jose Alberto del Río, técnico da FCG. O programa deseñado para este sábado combina o adestramento no Monte Castrove, un xantar en grupo e charlas. Nunha das sesións teóricas ofreceranse pautas sobre alimentación e será impartida polo nutricionista Jaime Juncal, especialista en alimentación emocional e autocoñecemento.

As Xornadas de Tecnificación FCG cumpren a súa terceira temporada.Con esta iniciativa búscase crear vínculos entre os ciclistas, facer un seguemento dos mesmos e acadar melloras en aspectos como o psicolóxico. Este método de traballa aplícase tanto para as categorías de formación do pelotón de estrada como para as promesas do ciclocrós e das diferentes especialidades do BTT. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es