24 DE AGOSTO DE 2020
A sorte non acompañou á Selección de Galicia sub23 na proba en liña do Campionato de España de estrada de Jaén. Unha combinación de infortunios foi mermando ao combinado autonómico ata deixalo sen representación no treito final dos 159 quilómetros con inicio en Úbeda e chegada en Baeza.
As ilusións do bloque de oito corredores confeccionado polo seleccionador Guillermo Sande sufriron o seu revés máis importante na primeira gran caída da xornada. O accidente causado pola presenza dunha greta no asfalto, nun punto do percorrido no que os corredores rodaban a case 70 km/h, provocou o abandono de tres galegos: Abel Franco, Iñigo Rodríguez e Guillermo García, quen resultou especialmente malparado con queimaduras e fortes golpes no seu corpo.
Pouco despois, outro contratempo botou por terra a estratexia elaborada por Galicia. Contando con triple representación no grupo cabeceiro, a organización tivo que neutralizar a carreira debido a que un autobús se quedou atascado na estrada pola que debía transitar a proba. O campionato reiniciouse, pero saíndo todos xuntos sen ter en conta os tempos previos ao parón. Polo tanto, o gasto realizado polos ciclistas do combinado autonómico para estar atentos aos cortes nos primeiros 20 km fora en balde.
Os posteriores problemas mecánicos de Adrián Barros, que lle obrigaron a cambiar de bicicleta, puxeron o colofón ao cúmulo de desgrazas da Selección. O vigués era a principal baza para loitar polos primeiros postos tras obter a oitava praza na contra o reloxo individual do día anterior. En definitiva, un día nubrado para Galicia baixo o intenso sol xienense.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es