Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O ciclismo galego chora a morte de Guillermo Sande

25 DE ENERO DE 2021

O seleccionador galego faleceu o 10 de xaneiro en Santander

O-ciclismo-galego-chora-a-morte-de-Guillermo-Sande

Guillermo Sande Covelo, seleccionador e responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, faleceu o 10 de xaneiro no Hospital de Valdecilla de Santander vítima dun infarto sufrido o día anterior mentres se atopaba coa Selección de Galicia no Campionato de España de Ciclocrós en Torrelavega. Era o día do seu 55 aniversario.

Guillermo foise facendo o que máis lle gustaba, traballando a prol do seu deporte. A súa morte provoca un baleiro no ciclismo galego que non se pode expresar con palabras. Levaba preto de 25 anos formando parte do equipo da FGC. Encargábase do seguemento dos corredores, do deseño das carreiras, da coordinación das competicións... E todas as súas responsabilidades sempre as levou a cabo coa máxima humildade, educación e profesionalidade. 

Desde a máis profunda consternación, queremos transmitir o noso máis sincero pésame aos seus familiares e amigos.

Descansa en Paz, Guille 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es