Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Furgoneta Solidaria pide a colaboración do ciclismo galego para enviar 60 bicicletas a Guinea-Bisáu

20 DE MAYO DE 2021

Esta iniciativa precisa a doazón de cámaras, cubertas, cadeas, chaves...

Furgoneta-Solidaria-pide-a-colaboracion-do-ciclismo-galego-para-enviar-60-bicicletas-a-Guinea-Bisau

A Federación Ciclismo Galego únese á iniciativa posta en marcha por Furgoneta Solidaria para enviar 60 bicicletas o vindeiro mes de xullo a Guinea-Bisáu. Os responsables desta asociación galega piden a colaboración do noso ciclismo mediante a doazón de compoñentes e ferramentas como cámaras e cubertas; tabúes para a instalación de válvulas; chaves allen, fixas e de parafusos; cadeas; kits de parches... Ao final desta publicación achegamos a lista completa do material solicitado.

Sobre esta acción solidaria informaba o pasado 4 de maio La Voz de Galicia: "A alma máter é a enfermeira Natalia Rodríguez Arias, que fai unha década decidiu completar a súa formación en enfermidades tropicais sobre o terreo; aquela odisea cristalizou na creación dunha asociación que toma o seu nome de aquela primeira furgoneta na que percorreu os 6.000 kilómetros que distan dende Europa ao país africano". 

Furgoneta Solidaria está preparando para este verán un terceiro envío no que por primeira vez se inclúen bicicletas. "É unha boa forma para darlle outra vida a esas bicis que están gardadas nos rochos por vellas ou porque se quedaron pequenas e que para os guineanos son verdadeiros tesouros, sobre todo se están na selva e viven nunha aldea remota", explícase no artigo de La Voz.

Se queres colaborar con esta iniciativa, con material ou cunha aportación económica, contacta con esta asociación a través da súa páxina web (www.furgonetasolidaria.org), do seu correo electrónico (furgoneta.solidaria@gmail.com), do seu Whatsapp (629 050 815) ou nas súas contas de Facebook e Instagram

 

 

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es