Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Aprazado o Campionato de Galicia XCM-Viveiro Bike Xtreme

12 DE JULIO DE 2021

Comunicado da organización

Aprazado-o-Campionato-de-Galicia-XCM-Viveiro-Bike-Xtreme

Boas tardes a tod@s, comunicarvos que a proba Campionato de Galicia XCM-Viveiro Bike Xtreme e marcha cicloturista deste próximo domingo 18 de xullo, ten que ser cancelada por motivos de non ter a tempo os permisos requiridos para a devandita proba.

Tentámolo ata o último momento pero foi imposible, os prazos son os que son e non os permisos non estarían a tempo para celebrar a proba.

Pero seguimos adiante e trasladamos a proba para outubro, concretamente o domingo 17.

É unha decisión difícil, moi difícil, levamos tempo preparando todo para poder celebrar a VIVEIRO BIKE XTREME e despois de tanto traballo detrás ter que cancelala.

Sentimos moito o prexuízo que vos puidese causar a moitos dos que xa tiñades pensado achegarvos esta fin de semana a Viveiro, con reservas de hoteis, etc.

Os participantes que non poidades participar o 17 de outubro, debedes solicitar a devolución da vosa inscripcion antes do 31 de xullo a federacion@fgalegaciclismo.es ou os da marcha cicloturista en www.championchipnorte.com

Entendemos que a partir desta data os que non solicitastes a devolución, continuades rexistrados.

E a partir desa data abrimos novamente inscricións para cubrir as posibles baixas das persoas que non poidan acudir.

É un duro golpe para todos, pero tamén sabemos que aínda que teñamos que esperar, teremos máis ilusión en gozala.

Vémonos o 17 de outubro na VIVEIRO BIKE XTREME.

 

De verdade, perdoar as molestias.

Agradecémosvos a vosa compresión.

Atentamente.

                                        PEÑA CICLISTA LAR de VIVEIRO

                                       Asdo.: José Manuel Pernas Vázquez

                                                        (presidente)

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es