Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG celebra este venres unha Asemblea Xeral Extraordinaria

23 DE SEPTIEMBRE DE 2021

Este xoves reúnese a Comisión Delegada

A-FCG-celebra-este-venres-unha-Asemblea-Xeral-Extraordinaria-

A Federación Ciclismo Galego (FCG) celebrará este venres, día 24, unha Asemblea Xeral Extraordinaria con dous puntos na orde do día. O primeiro será o estudo e aprobación do calendario deportivo de Ciclocrós 2021 e, en segundo lugar, o estudo e aprobación da Normativa Técnica 2021: Título IV. Probas de Ciclocrós.  

Esta asemblea realizarase de xeito telemático. A primeira convocatoria está fixada paras as 20:00 horas e a segunda, para as 20:30. 

Previamente, este xoves día 23, reunirase a Comisión Delegada da FCG, a partir das 20:30 horas. Nesta xuntanza trataranse entre outros puntos as modificacións no calendario deportivo, o informe económico e deportivo, así como a presentación do calendario e normativa de ciclocrós. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es