07 DE OCTUBRE DE 2021
O Campionato de Galicia de BTT Maratón 2021 - Viveiro Bike Xtreme adiántase un día. A Peña Ciclista Gráficas Lar, por motivos alleos á organización, vese obrigado a mover este evento do domingo 17 ao sábado 16 de outubro ás 10:00 horas. A modificación débese á convocatoria dunha manifestación polo Futuro da Mariña para a xornada na que estaba prevista a celebración do autonómico de Cross Country Maratón (XCM).
A mobilización de forzas de orde e de seguridade que vai provocar esa concentración, así como a afluencia de persoas que se agarda, impiden a coincidencia na mesma data cunha proba deportiva. A alternativa que se valorou como a máis axeitada é a de disputar o Campionato na véspera, e dese xeito contar con todos os efectivos dispoñibles para velar pola seguridade dos participantes.
Desde a Federación Ciclismo Galego transmitimos o noso apoio á mobilización en defensa dos postos de traballo na Mariña, unha comarca que atravesa un periodo de gran incertidume pola situación de varias das súas factorías máis importantes.
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es