01 DE ABRIL DE 2022
Na tarde do 19 de marzo celebrouse no Centro Polivalente do Concello de O Rosal a Asamblea Xeral Ordinaria do C. C. O Rosal e a seguir a mesma foi a presentación do CLUB CICLISTA O ROSAL 2022, nunha grande festa na que o club tivo o pracer de contar con Ánxela Fernández (alcaldesa do Rosal) e Óscar Sánchez representando á Federación Ciclismo Galego. Ao rematar o acto se degustaron uns saborosos pinchos acompañados de viños de Adegas Xesteiro e Adegas Terras Gauda matriz do patrocinador do club Conservas Vaxetáis a Rosaleira, rematando con deliciosos postres caseiros elaborados polas familias do C.C. O Rosal.
Este acto tamén sirvíu para facerlle unha homenaxe a Mario Fernández, Iago Alvarez e Irea Villa, quen dende cativos estiveron sempre ligados ao club.
Neste ano 2022 a formación de O Rosal conta de inicio con 11 licenzas da categoría Promesa, 6 de Principiante, 5 de Alevín, 2 de Infantil, 6 de Cadete, 2 de Elite e 5 de categoría Máster 40.
O mesmo tempo a Xunta Directiva tamén anunciou as carreiras que vai organizar neste 2022 que son:
1.- XVI Trofeo Montes de O Rosal de estrada o día 4 de xuño.
2.- XXV Trofeo Pista As Faias de estrada o día 27 de agosto.
3.- XXIV Trofeo Montes de Eiras de Ciclocrós o día 12 de novembro.
Fonte: Club Ciclista O Rosal
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es