Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pésame no ciclismo galego polo finamento de Modesto Sánchez Losada

08 DE ENERO DE 2024

Ciclista e posteriormente mecánico, o cambadés faleceu aos 69 anos

Pesame-no-ciclismo-galego-polo-finamento-de-Modesto-Sanchez-Losada

A Federación Ciclismo Galego desexa transmitir as súas máis sentidas condolencias aos familiares e amigos de Modesto Sánchez Losada, falecido onte aos 69 anos de idade. Membro dunha das familias máis ilustres do ciclismo galego, comezou a competir sobre a bicicleta con 8 anos e retirouse aos 35 con 142 triunfos no seu palmarés. A ilusión deste cambadés de enrolarse no campo profesional fíxose realidade como mecánico, formando parte do Xacobeo Galicia, entre outros proxectos. 

Fillo de Modesto Sánchez Alba 'Teto' e pai de Ángel Sánchez, ciclista profesional actualmente na estrutura portuguesa do Tavfer-Ovos Matinados-Mortágua, os seus restos mortais descansan no Tanatorio do Salnés (sala 2) en Cambados e serán conducidos ao cemiterio de Santa Mariña Dozo este martes ás 17:30 horas. Os funeral celebrarase ás 18:00 h na igrexa de Santa Mariña Dozo.

Descanse En Paz 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es