19 DE ABRIL DE 2021
A espera para o regreso das competicións de Cross Country Olímpico a Galicia remata este sábado. A Grupeta Pan de Zarko organiza o III Trofeo BTT-XCO Concello da Cañiza, primeira cita da Copa Galicia 2021 desta modalidade. A continuación achegamos a información imprescindible sobre o protocolo para minimizar o risco de contaxio da covid-19 que se aplicará neste evento:
PROTOCOLO
· Os deportistas accederán con certificado de test PCR, antíxenos ou serolóxico negativo, certificado de vacinación ou certificado do médico de atención primaria de ter superado a covid-19 e dispor de anticorpos
· Os deportistas proveñen das catro provincias galegas
· O evento NON conta con público
· Só se permitirá un asistente por cada deportista
Acceso ao circuíto:
a. Realizarase a toma de temperatura a todo o persoal (+37,5 de febre ou síntomas compatibles coa COVID-19, activar protocolo Sergas chamar ao 900400116).
b. Desinfección de mans
c. Entregarase o distintivo correspondente (pulseira)
HORARIOS
Adestramentos libres con máscara 14:45 a 15:45
1ª MANGA: 16:00 h
Competición Cadetes, Master 40 e Master 50/60.
Retiran máscara 30 segundos antes da saída
-Saída Cadetes: 16:00 horas
- Saída Máster 40: 16:02
-Saída Máster 50/60: 16:04
Cerimonia de premiación e desaloxo
17:15 a 17:45 adestramentos libres con máscara
2ª MANGA: 18:00 h
Competición Elite/Sub23, Junior e Máster 30 masculino e Elite/Sub23, Junior, Máster e Cadete feminino
Retiran máscara 15 segundos antes da saída
-Saída Elite/Sub23: 18:00
-Saída Júnior: 18:02
-Saída Máster 30: 18:04
-Saída Elite/Sub23, Junior, Máster feminino: 18:05
-Saída Cadete feminino: 18:06
Cerimonia de premiación e desaloxo
20:30h FIN DA PROBA
INSCRICIÓNS E REXISTRO DE ACCESO
O proceso de inscrición está aberto na páxina da Federación Galega de Ciclismo.
-Se vas participar como Deportista fai click neste enlace para anotarte
-Se es Técnico, Árbitro ou Dirixente (só federados) fai click neste enlace
PARA TODO O PERSOAL REXISTRADO É OBRIGATORIO CUBRIR O FORMULARIO DE TRAZABILIDADE NA ZONA PRIVADA WEB DA FGC (ACTIVASE 3 DÍAS ANTES DA DATA DE CELEBRACIÓN DO EVENTO, ANTES DESA DATA NON SE PODERÁ REALIZAR ESTE PROCEDEMENTO)
-As persoas que exerzan de asistentes sen estar federadas teñen que inscribirse enviando un correo electrónico a grupettapandezarko@gmail.com xunto coa Claúsula covid-19 e Declaración Responsable cuberta e firmada (achegamos ambos documentos)
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es