20 DE ABRIL DE 2021
O ciclismo para as escolas de BTT regresa este domingo na capital de Galicia. Despois de que a pandemia impedira que este tipo de eventos se celebraran no 2020, o Club Ciclista Compostelano encárgase de abrir a temporada 2021 co III Mini BTT Cidade de Santiago. O prazo para inscribirse nesta xornada que terá lugar ao carón do Estadio Vero Boquete remata este mércores, día 21, ás 23:59 horas.
PROTOCOLO
A continuación achegamos a información imprescindible sobre o protocolo que se vai aplicar para minimizar o risco de contaxio da covid-19:
· Sen test covid-19
· Os deportistas proveñen das catro provincias galegas
· O evento NON conta con público
· Só se permitirá un asistente por cada deportista (monitor, director deportivo, responsable club)
· O evento desenvolverase en xornada de maña e tarde
· Os deportistas que rematen a súa manga deberán abandonar o recinto inmediatamente ao finalizar a competición, a excepción dos corredores que deben presentarse na cerimonia de premiación
Medidas sanitarias no circuíto:
a. Os deportistas non poderán retirar a máscara nin nos adestramentos nin na competición
b. Toma de temperatura a todos os participantes antes de formar as grellas (+37,5 ou síntomas compatibles coa COVID-19 activar Protocolo Sergas chamar ao 900 400 116 e iniciar o establecido no apartado COMUNICACIÓN E SEGUEMENTO DE SINTOMATOLOXÍA COVID19 deste protocolo).
c. Distancia de seguridade en toda a formación da grella
d. Separación de 1,5 metros.
HORARIOS
Recollida de dorsais: 08:30 a 13:20
NA XORNADA DE MAÑÁ
Adestramentos libres de participantes: 09:40 a 09:55
1ª MANGA: 10:00 horas
Competición Principiantes masculino e Principiantes feminina.
-Saída Principiantes femininas: 10:00 horas
-Saída Principiantes masculino B: ao finalizar a proba anterior
-Saída Principiantes masculino A: ao finalizar a proba anterior
Cerimonia de premiación e desaloxo
Adestramentos libres de alevíns con máscara: 11:30 a 11:45
2ª MANGA: 11:50 horas
Competición Alevíns masculino e Alevíns feminina.
-Saída Alevíns femininas: 11:50
-Saída Alevíns masculinos B: ao finalizar a proba anterior
-Saída Alevíns masculinos A: ao finalizar a proba anterior
Cerimonia de premiación e desaloxo
Adestramentos libres de Infantís e cadetes con máscara: 13:30 a 13:45
3ª MANGA: 13:50 h
Competición Infantís masculinos e Infantís femininas.
-Saída Infantil Feminina: 13:50
-Saída Infantil masculina: ao finalizar a proba anterior
Cerimonia de premiación e desaloxo
NA XORNADA DE TARDE
Recollida de dorsais: 15:30 a 17:30
Adestramentos libres de Benxamíns con máscara: 16:40 a 16:55
1ª MANGA: 17:00 h
Competición Benxamín masculina e Benxamín feminina.
-Saída Benxamín feminina: 17:00
-Saída Benxamín masculina: ao finalizar a proba anterior.
Cerimonia de premiación e desaloxo
Adestramentos libres de Promesas con máscara: 17:40 a 17:55
2ª MANGA: 18:00h
Competición Promesas masculino e Promesas feminina.
-Saída Promesas feminina:18:00
-Saída Promesas masculino B: ao finalizar a proba anterior
-Saída Promesas masculino A: ao finalizar a proba anterior
Cerimonia de premiación e desaloxo
19:00h FIN DA PROBA
INSCRICIÓNS E REXISTRO DE ACCESO
ü O proceso de inscrición está aberto na páxina da Federación Galega de Ciclismo.
-Se vas participar como Deportista fai click neste enlace para anotarte
-Se es Técnico, Árbitro ou Dirixente (só federados) fai click neste enlace
PARA TODO O PERSOAL REXISTRADO É OBRIGATORIO CUBRIR O FORMULARIO DE TRAZABILIDADE NA ZONA PRIVADA WEB DA FGC (ACTIVASE 3 DÍAS ANTES DA DATA DE CELEBRACIÓN DO EVENTO, ANTES DESA DATA NON SE PODERÁ REALIZAR ESTE PROCEDEMENTO)
ü No Facebook do club organizador
-Formulario Vehículos e Carpas Club
*Soamente se permite a instalación de carpas nas zona para os equipos
-Formulario Acompañante (non federados)
*Con entrada exclusiva de acceso ás inmediacións do estadio (aparcamento e zona mirador, non terán acceso á zona das carpas dos equipos)
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es