Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Copa de España de Pump Track chega este sábado a Mondariz

25 DE JUNIO DE 2025

O Pontebike organiza a cuarta e penúltima cita no calendario do certame estatal

A-Copa-de-Espana-de-Pump-Track-chega-este-sabado-a-Mondariz

Este ano o Club Pontebike Team, xunto con Sportskids e co apoio total do Concello de Mondariz, volve lograr realizar unha das cinco probas que se disputan a nivel estatal e non deixarán indiferente a ninguén, denominada Copa de España Pump Track Mondariz - IV Pump Track Nocturno Mondariz. 

O Pump Track de Mondariz foi un dos primeiros en construírse na nosa comunidade e actualmente está entre os tres favoritos de todos os riders galegos. Un ano máis, o Concello de Mondariz aposta por esta modalidade do ciclismo e por traer a un pobo pequeno, coñecido pola súa auga, unha proba que nada ten que envexar ás outras catro que completan o calendario da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC). A cita deste sábado, cuarta e penúltina do certame estatal, arrancará ás 17:00 horas coa súa primeira quenda.

imagen

Desde o Concello e desde a organización esperan que todos os ciclistas que se desprazarán a este evento, chegados de toda a xeografía española e portuguesa, gocen dun gran evento. A competición poderá seguirse en vivo a través de YouTube.

Máis información 

Fonte: Pontebike 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es