29 DE SEPTIEMBRE DE 2025
En virtude do artigo 4.03 022, o Comité Técnico de Árbitros descalifica a Rubén Castro (Coruxo) como primeiro clasificado máster-40 no Campionato de Galicia - DH A Fracha 2025 por non ter efectuadas as dúas baixadas mínimas durante os adestramentos oficiais que tiveron lugar o sábado 20 de setembro no circuíto pontevedrés. O artigo aplicado do regulamento indica que "cada corredor deberá completar un mínimo de dous percorridos de adestramento ou será descalificado da proba. O comisario de saída velará pola aplicación desta norma".
Deste xeito, unha vez actualizada a clasificación, Rubén Piñeiro (Mesoiro) proclámase campión de Galicia no grupo de idade Máster-40 por diante de Óscar González (Te Eme Sport) e Manuel Baños (Bicicletas Chinquena), segundo e terceiro respectivamente. Ante a imposibilidade de entregarlles os premios que lles corresponden nun evento de Descenso desta temporada, ao ter concluído o calendario do ano 2025, a cerimonia de podio pendente celebrarase durante a vindeira edición da Gala do Ciclismo Galego.
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
FORMACIÓN
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es