Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Copa Galicia de Pump Track péchase este domingo no Pereiro de Aguiar

02 DE OCTUBRE DE 2025

A proba do pasado sábado en Miño suspendeuse pola chuvia

A-Copa-Galicia-de-Pump-Track-pechase-este-domingo-no-Pereiro-de-Aguiar

Foto: Concello de Xove

Coa clasificación de varias categorías por resolver, a Copa Galicia de Pump Track clausúrase este domingo nunha pista que non ten segredos. Un mes despois de acoller o Campionato de Galicia, O Pereiro de Aguiar será o escenario da última xornada dun certame que o pasado sábado viuse obrigado a suspender unha das súas seis xornadas puntuables. O I G.P. Concello de Miño non se puido celebrar por mor da chuvia. 

Deste xeito, unha das citas do calendario da Copa Galicia queda sen efecto para os rankings e todo queda a expensas do que aconteza no circuíto ourensán do Complexo Deportivo Monterrei. O evento organizado polo Maese Riders Team arrancará ás 10:00 horas cos adestramentos e o inicio da primeira quenda está fixado para as 12:00 h. A inscrición pechouse con 101 participantes. 

imagen

Co título garantido matematicamente chegan a O Pereiro de Aguiar o infantil Iker Viéitez (Teis), a cadete Paula Rodríguez (Val do Ulló), a elite Alejandra Chapela (VK Bikes), o máster-40 Francisco Manuel Lorenzo (Bike Ou Non Vai), a máster-50 Rosa María López (Maese Ourense) e o máster-60 Antonio Piñeiro (Maese Ourense). No resto de categorías as camisolas de líderes pertencen antes da xornada final á infantil Inés Araújo (VigoEnduroMTB), ao cadete Miguel Blanco (A Forna), ao júnior Pedro Fernández (OsDoSacho), á sub-23 Alba Fernández (Pontebike), ao sub-23 Iván García (Val do Ulló), ao elite Javier Novo (BDM) en Elite, á máster-30 Ana Santos (VK Bikes), ao máster-30 (Maese Ourense), á máster-40 Tamara Santos (VK Bikes) e ao máster-50 Alberto Manuel García (Maese Ourense). 

Toda a información sobre a Copa Galicia de Pump Track podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaPT25 e na súa sección dentro da páxina web da FCG.

 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es