Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Friol, sede do Campionato de España de ciclismo paralímpico en estrada 2025

21 DE FEBRERO DE 2025

O Club Ciclista Lvcvs Avgvsti organizará do 23 ao 25 de maio a gran cita estatal do pelotón adaptado

Friol-sede-do-Campionato-de-Espana-de-ciclismo-paralimpico-en-estrada-2025

Foto: LP's Photography

A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última xuntanza tanto as datas como a sede do Campionato de España de estrada de ciclismo paralímpico e a composición coa que contará a Copa de España de estrada de ciclismo paralímpico. O evento no que se competirá polas camisolas rojigualdas terá lugar en Galicia, do 23 ao 25 de maio na localidade luguesa de Friol baixo a organización do Club Ciclista Lvcvs Avgvsti.

Deste xeito, a cita máis importante do pelotón adaptado estatal regresa a nosa comunidade dous anos despois. Tamén na provincia de Lugo, neste caso en Viveiro, celebrouse o Campionato de España no 2023. 

Máis información 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es