28 DE SEPTIEMBRE DE 2024
Foto: RFEC
O campión de Europa de fondo en estrada na clase 4 de bicicleta adaptada non puido estar na loita polas medallas no Mundial de Zurich (Suíza). O coruñés Damián Ramos finalizou este xoves sexto nunha carreira monopolizada pola selección francesa. A sexta posición acadada polo único representante español nesta proba chegou tres días despois de facer quinto na contra o reloxo individual.
Ao igual que na CRI, o combinado galo copou o podio. Despois de 90 quilómetros de competición, o gañador Gatien le Rousseau e os seus compatriotas Mattis Lebeau e Kevin le Cunff presentáronse na liña de meta con máis de 8 minutos e medio de vantaxe respecto ao cuarto clasificado. Unha volta menos ao circuíto que os tres franceses deu Damián Ramos. O paraciclista do Lasal Cocinas - Craega ocupou o sexto posto e pechou deste xeito a súa participación nun Campionato do Mundo marcado pola dureza do percorrido e polo tempo, con moita chuvia e frío.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es