10 DE MARZO DE 2026
Segunda clasificada na apertura da Copa das Nacións júnior de Estrada en Jaén, a compostelá Alejandra Neira encara un novo certame internacional. Este domingo, día 15 de marzo, arranca a Copa do Mundo júnior coa disputa do Piccolo Trofeo Binda en Italia. A esta cita a selección española acode cun bloque de seis corredoras encabezado pola galega do Baqué Movistar Team.
O combinado que dirixe a seleccionadora Gema Pascual medirase coas ciclistas máis talentosas do mundo nesta categoría. Alejandra Neira participou o ano pasado nesta proba e finalizou 15ª. Sendo a súa primeira campaña no pelotón júnior, xa obtivo o mellor resultado do conxunto español.

O Piccolo Trofeo Binda proporá nesta ocasión un percorrido de 73 km formado por dous bucles diferentes, que levará ao pelotón no tramo inicial da carreira a ascender en dúas ocasións o porto de Azzio e na segunda metade da mesma as subidas de Casale e Orino noutras dúas ocasións cada unha.

CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es