Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Suspensión do Ciclocross Concello de Boiro

26 DE NOVIEMBRE DE 2020

O Club Ciclista Barbanza toma este decisión debido ao aumento dos casos de covid no municipio boirense

Suspension-do-Ciclocross-Concello-de-Boiro

O calendario da Copa Galicia de Galicia queda sen a súa proba decana. O Ciclocross Concello de Boiro, que ía ser a terceira xornada do certame autonómico, non se celebrará por mor da pandemia. O Club Ciclista Barbanza, organizador do evento que estaba fixado para o domingo día 6 de decembro, explica a súa decisión no seguinte comunicado asinado polo seu presidente Ricardo Riveiro:

Dende o Club Ciclista Barbanza temos que comunicar que despois de varias xuntanzas cos responsables do concello, tomamos a decisión de SUSPENDER a proba de Ciclocross de Boiro. Estivemos intentándoo ata o final, pero entendemos que non pode celebrar a que sería a 34° edicion consecutiva desta proba.

Esta situación vén dada polo aumento dos casos de covid-19 nos últimos días no noso concello, pasando a semana pasada a Zona 3 de alerta.

Por isto, nas inmediacions do circuito non podemos asegurar a seguridade ao 100% dos corredores, acompañantes, árbitros, organizadores, etc...

Queremos agradecer publicamente a toda a xente que estivo traballando para que a proba fose adiante, colaboradores, patrocinadores, concello, etc... que coma nós, estivemos ata o último instante para que isto fose adiante, pero debido a esta situación non vai poder ser.

Esperamos poder volver facela para o 2021, e seguramente con máis forzas.

Grazas pola vosa comprensión.

 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es