29 DE ABRIL DE 2022
O Club Náutico de Sanxenxo foi o escenario este venres do acto de homenaxe e despedida a Juan José López Casto. Ata o de agora tenente de tráfico da comandancia de Pontevedra, vén de ser ascendido a capitán e cambiará de destino.
A Federación Ciclismo Galego participou neste recoñecemento e en sinal de agradecemento, polo seu gran traballo, amizade e compromiso pola seguridade vial e protección do colectivo ciclista, o seu presidente Juan Carlos Muñiz fíxolle entrega dunha placa e dunha camisola da Selección.
FORMACIÓN
EVENTOS
EVENTOS
AVISOS
EVENTOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es