Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Banco Santander e UFEDEGA firman un acordo para dar solucións ás demandas de clubs e federacións

21 DE MARZO DE 2024

Clubs e entidades deportivas adscritas ás Federacións Deportivas Galegas terán acceso a condicións preferentes en produtos e servizos

O-Banco-Santander-e-a-UFEDGA-firman-un-acordo-para-dar-solucions-as-demandas-de-clubs-e-federacions

Este martes 19 de marzo tivo lugar a firma do acordo entre a Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) e o Banco Santander polos representantes de ambas entidades: Rafael Louzán, presidente de UFEDEGA; Luis Pernas e Avelino Carballo, director da Banca Institucional e director de Empresas de Galicia do banco. A este encontro tamén asistiron Bruno López, vicepresidente da UFEDEGA, Julio Bernárdez, secretario da UFEDEGA, e os vogais Óscar Lafuente e Alfredo Bea, así como Francisco Fernández director de negocio adquirinte GetNet do banco.

Con este novo convenio, todas as Federacións Deportivas Galegas asociadas á UFEDEGA e os clubs deportivos galegos que dependan destas federacións deportivas poderán beneficiarse dunha ampla oferta de produtos e servizos de pasivo do Banco Santander.

Entre estes produtos que oferta a entidade bancaria, encóntranse beneficios en contas bancarias, cobros e medios de pago (TPV, pasarela de pagos e Bizum). As Federacións ou clubs interesados poderán informarse dos detalles de cada produto ofertado a través da UFEDEGA.

Desta forma a Unión de Federacións Deportivas Galegas dá solución a unha das demandas que viñan expoñendo as entidades deportivas.

imagen

OTRAS NOTICIAS DE

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es