Facebook Twitter Youtube Instagram Español

As cadetes, juniors e sub23 adestráronse e formáronse na xornada FCG celebrada en Pontevedra

15 DE MARZO DE 2022

Dezaseis corredoras de estrada supervisaron o percorrido da segunda proba da Copa de España e recibiron unha charla de José Ramón Lillo-Bevia, Doutor en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

As-cadetes-juniors-e-sub23-adestraronse-e-formaronse-na-xornada-FCG-celebrada-en-Pontevedra

A falta de dúas semanas para que Pontevedra acolla a segunda xornada da Copa de España feminina de estrada, a Federación Ciclismo Galego (FCG) celebrou o pasado sábado na cidade do Lérez unha convivencia para ciclistas cadetes, juniors e sub23. A xornada mesturou adestramento e formación. As dezaseis participantes supervisaron o percorrido da cita estatal que se disputará a finais deste mes e recibiron varias charlas, unha delas ofrecida por José Ramón Lillo-Bevia, Doutor en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Jacobo Ucha, técnico da FCG, reuniu a dezaséis ciclistas no Hotel Avenida e dende o cuartel xeral desta xornada arrancou o adestramento matinal. Baixo unha chuvia constante, este minipelotón feminino rodou por un trazado que ten como punto máis esixente a subida ao Alto da Porteliña. Os responsables federativos quedaron moi contentos coa actitude e o entusiasmo que mantivo o grupo ante unhas condicións climatolóxicas adversas. Unha vez completada a sesión, as corredoras compartiron mesa e mantel no comedor do hotel.

A convivencia continuou pola tarde co seu bloque formativo. O ponente convidado compartiu os seus coñecemementos impartindo a conferencia 'Ciclo menstrual e rendemento'. Ademais de José Ramón Lillo-Bevia, tamén Ucha, Juan Carlos Muñiz, presidente da FCG, e Francisco Javier Cajiao, vicepresidente, se dirixiron ás deportistas para explicarlles a planificación desta temporada e o método de traballo que se vai seguir. Deste xeito, concluíu a segunda xornada federativa do 2022, unha iniciativa posta en marcha a pasada campaña e que terá continuidade nas vindeiras semanas con ciclistas doutras modalidades. 

GALERÍA DE FOTOS

As cadetes, juniors e sub23 adestráronse e formáronse na xornada FCG celebrada en Pontevedra
As cadetes, juniors e sub23 adestráronse e formáronse na xornada FCG celebrada en Pontevedra
As cadetes, juniors e sub23 adestráronse e formáronse na xornada FCG celebrada en Pontevedra
As cadetes, juniors e sub23 adestráronse e formáronse na xornada FCG celebrada en Pontevedra
As cadetes, juniors e sub23 adestráronse e formáronse na xornada FCG celebrada en Pontevedra
As cadetes, juniors e sub23 adestráronse e formáronse na xornada FCG celebrada en Pontevedra
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es