Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campus Ciclocrós Ciclismo Galego abre inscricións

29 DE JULIO DE 2022

Ferrol acollerá do 22 ao 24 de agosto esta convivencia destinada a ciclistas nados no 2006-2008

O-Campus-Ciclocros-Ciclismo-Galego-abre-inscricions

Por segundo ano consecutivo a Federación Ciclismo Galego organiza durante o verán un campus de ciclocrós. Ferrol será o escenario durante tres días, do 22 ao 24 de agosto, dunha convivencia destinada a rapazas e rapaces nados entre os anos 2006 e 2008 Fai click nesta ligazón para inscribirte.

O Campus Ciclocrós Ciclismo Galego persegue profundizar na paixón por unha especialidade que non deixa de crecer na nosa comunidade. O programa desta iniciativa formativa e lúdica inclúe sesións prácticas, teóricas e actividades de lecer como o surf. O grupo hospedarase no Hotel Chips Ferrol e realizará as actividades nas instalacións do Club de Campo e no Pantín Surf Camp. 

Para poder participar nesta convivencia é necesario estar en posesión da licenza federativa da FCG. O número máximo de participantes no campus é de 30 ciclistas (15 nenos e 15 nenas). O prezo da inscrición é de 125 euros e o prazo para anotarse remata o día 15 ás 23:59 horas. 

GALERÍA DE FOTOS

O Campus Ciclocrós Ciclismo Galego abre inscricións
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es