18 DE OCTUBRE DE 2023
A oferta de cursos da Federación Ciclismo Galego (FCG) que arranca esta semana co de Monitor de Escolas de Ciclismo continuará no inicio do mes de decembro co de Mecánico de Ciclismo. O sábado día 2 celebrarase dende as 10:00 horas na Casa do Deporte de Vigo unha xornada destinada a todas as persoas maiores de idade interesadas en formarse como especialistas na reparación e no mantemento das bicicletas. O prazo para inscribirse xa está aberto e conclúe o 29 de novembro. Fai click nesta ligazón para apuntarte
Esta actividade será presencial e contará como relatores con tres contrastados profesionais. Pablo Alfaya, da tenda Bicimecánica Toñi Porto e mecánico habitual da maioría das seleccións de Galicia, impartirá as sesións de BTT e de Ciclocrós; Sergio Santomé, de VK Bikes e que acostuma a traballar cos combinados autonómicos de DH e Enduro, compartirá os seus coñececementos sobre as especialidades gravity; e Dani Cabrejo, do Padronés-Cortizo, encargarase do apartado de Estrada.
O programa desta proposta formativa divídese en dous grandes bloques, a mañá resérvase para as clases teóricas e a tarde para as prácticas. A clausura está prevista para as 20:00 horas. A superación do curso dá entrada a unha bolsa de traballo da FCG para as actividades que a Selección de Galicia realice na temporada 2024 e esa listaxe tamén estará dispoñible para os equipos e clubs que a soliciten. O prezo de inscrición é de 80 euros para federados e 95 para non federados.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es