Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O XCO feminino desfrutou de Moaña na súa Xornada de Tecnificación FCG

06 DE JUNIO DE 2024

A convivencia das infantís, cadetes e juniors constou de adestramento, charlas e sesión no pump track do Casal

O-XCO-feminino-desfrutou-de-Moana-na-sua-Xornada-de-Tecnificacion-FCG

Ao día seguinte de disputar o Campionato de Galicia de Cross Country Olímpico en Poio, as promesas femininas do noso XCO reuníronse en Moaña. Esta vez non foi para competir, senón para formarse e estreitar lazos no marco das Xornadas de Tecnificación organizadas pola Federación Ciclismo Galego (FCG). Unha vintena de bikers das categorías Infantil, Cadete e Júnior desfrutaron dos montes, das paisaxes e das instalacións que ofrece para o BTT este concello morracense.

Moaña aposta decididamente polo ciclismo feminino. Ademais da súa colaboración para organizar esta convivencia, o vindeiro 29 de xuño será o escenario do Campionato de Galicia de Fondo en Estrada, unha cita na que participarán dende corredoras cadetes ata masters. A FCG aproveitou a visita de Rubén Viéitez, concelleiro de Deportes, para agradecer a colaboración e a implicación deste municipio.

Esta Xornada de Tecnificación estivo dirixida por Alberto del Río, técnico e seleccionador da FCG, e comezou cun adestramento matinal no monte da Paralaia. Durante esta sesión traballouse especialmente en pulir o manexo da bicicleta en treitos de dificultade alta. A Área Recreativa do Outeiro foi o punto escollido para o xantar do mediodía.

imagen

Pola tarde a actividade trasladouse ao Pump Track do Casal, a pista que o pasado mes de abril acolleu a primeira xornada da Copa Galicia desta especialidade. Alí volveron rodar as bicicletas e, aproveitando o bo tempo nestas instalacións ao aire libre tamén tivo lugar a charla formativa ofrecida por Fernando Rama, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Deste xeito, pechouse a cuarta Xornada de Tecnificación FCG desta temporada dedicada ao BTT. 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

O XCO feminino desfrutou de Moaña na súa Xornada de Tecnificación FCG
O XCO feminino desfrutou de Moaña na súa Xornada de Tecnificación FCG
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es