Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Curso online de Monitor de Escolas de Ciclismo

07 DE NOVIEMBRE DE 2024

O prazo para anotarse remata o 27 de novembro

Curso-online-de-Monitor-de-Escolas-de-Ciclismo-

Os Cursos Ciclismo Galego volven a escena. O primeiro deles está dirixido a Federad@s e Non Federad@s que queiran exercer de Monitor de Escolas de Ciclismo. Celebrarase exclusivamente de xeito online dende o 3 ao 14 de decembro

Esta actividade formativa constará de seis relatorios: Normativa Técnica de Escolas, impartido polo Comité Técnico de Árbitros (CTA) de Galicia; Escolas de Trial, a cargo do rider Marcos Fernández; Escolas Mini DH e Pump Track, sobre as que afondará o especialista en Descenso e coach Luis Manovel; Escolas de Estrada, a cargo de Jacobo Ucha, técnico da Federación Ciclismo Galego; Escolas de BTT, sesión dirixida por Alberto del Río, técnico da FCG; e Primeiros Auxilios e RCP con DESA, da man de Pepe Aguilera. 

imagen

O prazo para anotarse xa está aberto e remata o 27 de novembroO prezo para inscribirse é de 100 euros para federad@s e de 120 euros para non federad@s.

Fai click nesta ligazón para apuntarte

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es