Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG celebrou tres Xornadas de Tecnificación de BTT

28 DE FEBRERO DE 2025

Enduro en Oleiros, XCO en Marín e Descenso en Sarria

A-FCG-celebrou-tres-Xornadas-de-Tecnificacion-de-BTT

A temporada 2025 de Xornadas de Tecnificación FCG colle velocidade. Tres especialidades do BTT celebraron nas dúas últimas fins de semana de febreiro convivencias para formar tanto a nivel técnico como noutros aspectos importantes do ciclismo a promesas do noso deportes. A Federación Ciclismo Galego traballou con corredoras e corredores de Enduro, XCO e Descenso.

O calendario destas iniciativas arrancou o 15 de febreiro no municipio coruñés de Oleiros, nas inmediacións do Valiño. Alí, a seleccionadora de especialidades gravity Eva Castro e 'a súa man dereita' Luis Manovel realizaron test físicos a riders de Enduro e puliron detalles da pilotaxe con repeticións de seccións que foron gravadas para posteriormente ser visualizadas. Unha primeira toma de contacto que serviu como punto de inicio no camiño que conduce cara ao Campionato de España.

Ese mesmo método de traballo levárono á práctica o tándem formado por Castro e Manovel o 22 de febreiro nos montes da localidade lucense de Sarria con especialistas no Descenso. Ademais das tarefas sobre a bicicleta e o feedback que se busca cos pilotos, tamén se ofrece axuda para a planificación dos adestramentos. A intención da FCG e levar a cabo dúas tecnificacións por campaña para cada unha das tres disciplinas gravity (Enduro, Descenso e Pump Track).

O pasado sábado efectuouse outra xornada formativa, neste caso no concello pontevedrés de Marín. Infantís e cadetes de Cross Country Olímpico convocados polo seleccionador Alberto del Río rodaron na sesión matinal polo Lago de Castiñeiras. Despois de darlle ao pedais, o pelotón do XCO galego trasladouse ás instalacións do CPR Plurilingüe Sei San Narciso, onde logo do paso pola ducha e do xantar do mediodía recibiron tres charlas. A estas conferencias puideron sumarse ás rapazas e os rapaces que así o desexaran. O primeiro relator foi o psicólogo deportivo Jorge Carril, a continuación tomou a palabra o nutricionista Jaime Juncal e por último abordouse a planificación e a xestión de adestramentos da man do adestrador e biomecánico Jorge Punzón. 

As Xornadas de Tecnificación FCG seguirán nas vindeiras semanas dedicadas a máis especialidades e categorías. 

GALERÍA DE FOTOS

A FCG celebrou tres Xornadas de Tecnificación de BTT
A FCG celebrou tres Xornadas de Tecnificación de BTT
A FCG celebrou tres Xornadas de Tecnificación de BTT
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es