23 DE MAYO DE 2024
Foto: RFEC
A Copa do Mundo de Cross Country Olímpico (XCO) chega a Europa. Dende este venres o circuíto de Nove Mesto (República Checa) acolle a terceira cita puntuable da temporada e formando parte da selección española haberá dous bikers juniors da nosa comunidade. Lorena Patiño (XSM) e Alejandro García (Academia Postal - Maceda) sumarán unha nova experiencia internacional.
Para a marinense supón a súa estrea na selección estatal júnior de XCO, despois de acudir como cadete o ano pasado ao Festival Olímpico da Xuventude Europea. Pola súa banda, o carballiñés repite na lista logo de disputar hai dúas semanas o Campionato de Europa. A convocatoria confeccionada para esta cita pola seleccionadora Anna Villar compóñena nove ciclistas juniors e dúas sub-23.
En Nove Mesto, un dos escenarios máis prestixiosos do mundo pola súa historia e esixencia, a carreira júnior masculina celebrarase o sábado ás 8:00 horas e a júnior feminina está fixada para o domingo ás 8:30 h.
EVENTOS
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es