09 DE ABRIL DE 2024
En menos de dous meses a Federación Ciclismo Galego (FCG) organiza oito Xornadas de Tecnificación e o inicio deste carrusel de convivencias tivo como protagonistas o pasado domingo aos ciclistas juniors de Estrada. Dezaseis xuvenís rodaron xuntos, recibiron formación sobre biomecánica e escoitaron os consellos dun exprofesional na xuntanza dirixida polo seleccionador autonómico Jacobo Ucha. Grazas ao apoio do Concello e do club máis histórico deste municipio, a activididade celebrouse nunha vila tan vinculada ao deporte da bicicleta como é Cambre.
Pola contorna desta localidade coruñesa pedalearon os corredores na sesión matinal. Dúas semanas despois de medirse na Challenge Volta O Barbanza 'A Orixe' os juniors citados pola FCG compartiron 'grupeta', un adestramento que ten entre os seus obxectivos o de valorar o estado de forma dos ciclistas a estas alturas da temporada. Despois de completar o itinerario previsto, sentáronse xuntos á mesa para recuperar forzas e, ao mesmo tempo, seguir en directo a retransmisión televisiva da París-Roubaix.
Pola tarde chegou o momento dos expertos. A primeira charla ofreceuna Augusto Mosquera, de Biomecánica San Lázaro, analizando a importancia dunha posición adecuada sobre a bicicleta. A continuación, tomou a palabra Daniel López Parada, voz autorizada por partida dobre en calidade de director deportivo do Club Ciclista Cambre e de ex ciclista profesional.
O calendario 2024 das Xornadas de Tecnificación FCG arrancou en xaneiro coa dedicada aos Elite e Sub-23 de Estrada e a vindeira fin de semana entrará en escena o BTT coa convivencia de Enduro. Consulta nesta ligazón a axenda de iniciativas formativas para este ano.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es