18 DE ABRIL DE 2023
Fotos: RFEC / LP's Photography
Con dúas citas na Región de Murcia a Copa de España de Ciclismo Paralímpico en estrada botou a rodar nesta última fin de semana e tivo como un dos seus grandes triunfadores ao único participante galego. Iván Manoel Montero acadou un pleno de puntos na clase MH5 ao vencer o sábado en Molina de Segura e o domingo en Ceutí. O handbiker do Neuroimpulse-Galicia busca esta temporada o seu cuarto título consecutivo no certame da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).
Ademais de impoñerse na súa categoría, o coruñés foi o handbiker máis rápido na primeira xornada. A apertura da Copa dominouna en solitario cun tempo de 1 hora 10 minutos e 32 segundos, mentres que o segundo día superouno nas últimas curvas Luis Miguel García-Marquina, da clase MH3 e medallista nos Xogos de Tokio, gañador absoluto cun rexistro de 1:07:40 tras cruzar a liña de meta 7" antes que o galego.
A colleita de éxitos de Montero completouse cos dous primeiros postos por equipos acadados pola formación herculina do Neuroimpulse-Galicia. A Copa de España de Ciclismo Adaptado, que esta campaña concluirá o 15 de xullo na Laracha, celebrará o seu terceiro e penúltimo evento o 7 de maio en Bembibre (León).
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CICLISMO ADAPTADO
FORMACIÓN
CICLISMO ADAPTADO
CICLISMO ADAPTADO
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es