30 DE ABRIL DE 2025
Foto: RFEC
A cidade belga de Ostende abre esta semana o calendario internacional de grandes citas do Ciclismo Paralímpico co primeiro evento puntuable da Copa do Mundo. A clasificación xeral da clase 4 de bicicleta adaptada tivo o ano pasado como gañador final ao coruñés Damián Ramos e dende este venres o corredor do Lasal Cocinas-Craega defenderá a súa coroa. Formando parte da selección española agárdalle unha contra o reloxo e, dous días despois, a carreira de fondo do domingo.
O herculino e os outros dezaoito convocados polo combinado estatal estréanse ás ordes da nova seleccionadora Begoña Luis Pérez. Damián Ramos acadou a pasada campaña en Ostende a vitoria na CRI e a terceira posición na proba en liña, deixando sentenciado o título da Copa do Mundo. Meses despois colgouse a medalla de bronce na 'crono' dos Xogos Paralímpicos de París. Aos seus 38 anos apunta outra vez a obxectivos ambiciosos no arranque da temporada a nivel internacional.
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es