Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A selección española júnior convoca a Alejandra Neira para o Tour du Gevaudan Occitanie

07 DE MAYO DE 2025

Damián Ramos iniciou a Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico cun sexto e un sétimo posto en Ostende

A-seleccion-espanola-junior-convoca-a-Alejandra-Neira-para-o-Tour-du-Gevaudan-Occitanie

Foto: RFEC

O ciclismo galego conta cunha corredora e cun corredor que son habituais nas convocatorias da selección española para probas de estrada. Na categoría júnior, a Real Federación Española de Ciclismo anunciou este mércores a presenza de Alejandra Neira no combinado estatal que disputará esta fin de semana o Tour du Gevaudan Occitanie en Francia, terceira cita da Copa das Nacións UCI. Pola súa parte, Damián Ramos vén de participar en Ostende (Bélxica) na apertura da Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico, certame no que defende o título na clase 4 de bicicleta adaptada.

A santiaguesa Alejandra Neira medirase con corredoras de seleccións tan potentes como Gran Bretaña, Canadá, Australia ou Bélxica despois de adxudicarse o pasado sábado a Balmasedako Emakumeen Saria en Biscaia, carreira do Torneo Euskaldun. Con 23 segundos de vantaxe respecto á segunda clasificada obtivo a súa primeira vitoria na categoría Júnior.

A ciclista do Baqué Movistar Team forma parte do 'seis' confeccionado pola seleccionadora estatal Gema Pascual para o Tour du Gevaudan Occitanie. A esixente proba gala arranca este sábado, 10 de maio, cunha etapa de 71 quilómetros que inclúe a subida a Sauveterre (2ª categoría) a metade do percorrido como principal dificultade montañosa. Ao día seguinte, o domingo, esta rolda da Copa das Nacións UCI resolverase cunha dura xornada de 76 km con final na Montèe Jalabert (1ª), unha ascensión de 3 km ao 11% de pendiente media e ramplas de ata o 16%. Antes, as ciclistas terán que superar o Col de la Loubière (2ª) e a Côte d'Aguenous (2ª) en dúas ocasións. 

imagen

As cores de España vén de lucilas o coruñés Damián Ramos no primeiro evento da Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico 2025, competición na que o ano pasado obtivo a vitoria na clasificación xeral C4. O correr do Lasas Cocinas - Craega asinou en Ostende o sexto posto na contra o reloxo individual do venres, quedando a 50 segundos do podio, e o sétimo na carreira de fondo do domingo. 

 

 

 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es