Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Seis triunfos galegos na Valencia European Paracycling Cup

13 DE SEPTIEMBRE DE 2023

Damián Ramos, Mila López e Iván Montero venceron nas probas de fondo e nas CRI

Seis-triunfos-galegos-na-Valencia-European-Paracycling-Cup

Fotos: Dstrel Team

Os referentes do paraciclismo galego despediron a temporada 2023 con triunfos nun evento do calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI). Mila López e Iván Montero, ambos do Neuroimpulse-Galicia, e Damián Ramos, representando á selección española, dominaron as clasificacións das súas clases na Valencia European Paracycling Cup disputada a pasada fin de semana. Os tres venceron nas probas de fondo do sábado e nas contra o reloxo individuais (CRI) do domingo.

O coruñés Damián Ramos luciu na localidade de Xátiva a camisola de campión de Europa en liña da clase C4 que conquistou hai un mes en Rotterdam. O representante do combinado estatal impúxose en solitario por unha ampla diferenza na carreira, 6 minutos e 20 segundos respecto a Julio Bermejo (Neuroimpulse-Galicia), e na súa categoría da bicicleta adaptada repetiu o éxito ao día seguinte na CRI. Nun percorrido de 13 quilómetros pola zona da praia valenciana da Malvarrosa bateu ao madrileño Bermejo por 25".

Tamén lograron as dúas vitorias, e polo tanto adxudicáronse as xerais das súas clases, os dous handbikers galegos do Neuroimpulse. O coruñés Iván Montero tivo como rival na categoría H5 ao valenciano Francisco Tamarit (Unlimited Wheels), ao que superou por 7'19" na carreira e por 1'14" na 'crono'. 

imagen

Pola súa banda, a baionesa Mila López asinou o primeiro posto do sábado cun rexistro de 80 minutos, despois de dar cinco voltas a un circuíto de 6 km, e o do domingo cunha marca de 29'02". O conxunto herculino acadou a terceira praza por equipos no evento valenciano.

imagen

Foto de Iván Montero: LP's Photography

Clasificacións

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es