Facebook Twitter Youtube Instagram Español

DOG: Celebración das competicións deportivas federadas en espazos abertos e na vía pública

02 DE JULIO DE 2020

O Diario Oficial de Galicia do 27 de xuño publica un anexo que se engade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19

DOG-Celebracion-das-competicions-deportivas-federadas-en-espazos-abertos-e-na-via-publica

O Diario Oficial de Galicia do sábado 27 de xuño fai referencia ás competicións federadas de ciclismo:

"3.22.bis. Celebración das competicións deportivas federadas e dos eventos deportivos en espazos abertos e con acompañamento de público na vía pública.

A celebración das competicións deportivas federadas e dos eventos deportivos en espazos abertos e con acompañamento de público na vía pública, tales como atletismo, ciclismo, rallyes automobilísticos, remo e similares, deberá ser aprobada pola autoridade municipal correspondente, ou, se transcorresen por máis dun termo municipal, pola autoridade autonómica competente. Nestes casos, con carácter previo á celebración, delimitarase o espazo ou itinerario e a asistencia de público estará limitada a un máximo de 1.000 persoas. Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os participantes e o público asistente e o uso de máscara será obrigatorio para todo o público asistente.

Con relación aos participantes no caso de competicións deportivas federadas, estarase ao disposto nos respectivos protocolos federativos e no caso dos eventos deportivos ao disposto no respectivo protocolo do organizador, segundo o disposto nos números 3.21.2 e 3.22.2”.

 

Achégase ligazón para a consulta do DOG Núm.126 

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es