Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O mal tempo obriga a adiar a Manzaneda Gran Fondo

23 DE ABRIL DE 2024

A predición meteorolóxica anuncia neve para este domingo

O-mal-tempo-obriga-a-adiar-a-Manzaneda-Gran-Fondo

A segunda edición da Manzaneda Gran Fondo non se poderá celebrar este domingo. A predición meteorolóxica obriga a pospoñer a marcha cicloturista organizada pola Federación Ciclismo Galego (FCG) e que percorre as comarcas ourensás de Terras de Trives e Caldelas. Unha vez tomada esta decisión, en breves comunicarase a nova data. 

O prognóstico do tempo para a última fin de semana de abril non permite ningunha marxe de manobra. Tanto o sábado como o domingo os termómetros chegarán a rexistar -1°C na estación de montaña ourensá e ademais de temperaturas baixo cero agárdese neve. Estas condicións imposibilitan a realización dun evento creado para Rodar, Explorar e Desfrutar. 

A FCG xa traballa para fixar unha nova data. Agradecemos de antemán a comprensión d@s cicloturistas que completaron a súa inscrición e temos unha cita pendente este ano en Manzaneda.

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es