11 DE AGOSTO DE 2024
Este domingo celebrouse unha nova edición da Ancares Cycling Marathon, a proba ciclista que percorre unha das paraxes máis auténticas do noso país. Nunha edición marcada pola forte calor, as temperaturas chegaron ata os 36 graos nalgúns momentos. Os participantes puideron elixir entre un roteiro Gran Fondo de 110 quilómetros e un de Medio Fondo de 82 km.
A proba contou coa presenza de Pavel Tonkov, que chegou a meta entre aplausos logo de completar a totalidade da proba. A xornada estivo condicionada polas elevadas temperaturas, inda que non houbo que salientar incidencias provocadas pola calor. A organización, coa inestimable colaboración dos veciños da bisbarra, instalou sistema de rego nos portos para aliviar os efectos do sol nos participantes.
Na Ancares Cycling Marathon houbo tempo para lembrar a Santi Seijas, do Clube Cidade de Lugo, entidade promotora da proba. Na pasada edición foi vítima dun salvaxe atropelo e neste 2024 o pelotón volveu lembrar a súa achega a este deporte. A cerimonia de entrega de premios estivo presidida por Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, entidade patrocinadora da Ancares Cycling Marathon.
Dende a organización queren salientar o agradecemento a toda a veciñanza da comarca pola colaboración amosada en todo momento e o agarimo coa que foi recibida a presenza dos ciclistas unha vez máis na bisbarra.
Fonte: Comunicación EME Sports
CICLOTURISMO
CICLOTURISMO
AVISOS
AVISOS
CICLOTURISMO
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es