Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Gran acollida na presentación oficial da Sestelo Clásica Álvaro Pino

24 DE ABRIL DE 2025

Esta marcha cicloturista terá lugar o vindeiro 25 de maio no Condado Paradanta e as inscricións estarán abertas ata o 18 de maio

Gran-acollida-na-presentacion-oficial-da-Sestelo-Clasica-alvaro-Pino

Ponteareas envorcouse este luns coa Sestelo Clásica Álvaro Pino, a marcha cicloturista nada do convenio de colaboración entre o propio protagonista, a asociación deportiva Plan C, Grupo Sestelo e o Concello de Ponteareas, nunha presentación chea de sorpresas e emoción ciclista. O acto contou coa presenza do exciclista campión da Vuelta a España Álvaro Pino, o homenaxeado desta edición, Isidro Araújo, e numerosas autoridades institucionais de Galicia: Luis López (Presidente da Deputación), Daniel Benavides (Deportes Xunta de Galicia), Nava Castro (alcaldesa de Ponteareas), Juan Carlos Muñiz (Presidente Federación Ciclismo Galego), Pablo Castillo (Presidente GDR e alcalde de Covelo), Nicolás Rodríguez (concelleiro de Deportes de Ponteareas), Roberto Álvarez Tombo, membro da Dirección Xeral de Grupo Sestelo, e con todos os alcaldes das oito localidades polas que este ano pasará a clásica: Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo (novo concello polo que pasará a marcha cicloturista. Neste concello dará comezo o tramo cronometrado e terá lugar o primeiro avituallamiento nas adegas Eidosela), A Cañiza (como vén sendo tradicional aquí levará a cabo outro dos avituallamientos), Mondariz, Mondariz Balneario (onde como novidade realizarase o segundo avituallamiento), e Pazos de Borbén.

Durante a presentación todos os representantes institucionais que interviñeron no acto coincidiron en sinalar que a Sestelo Clásica Álvaro Pino é máis que unha marcha Cicloturista, é unha festa do ciclismo, que contribúe a dinamizar a economía e o turismo local durante esa fin de semana, xa que moitos ciclistas, non só da comarca do Condado Paradanta, participan nesta marcha, e por iso é tan importante o apoio das institucións públicas como o das empresas privadas para asegurar a súa continuidade.

imagen

Novidades

- Dous novos percorridos, un curto de 75 quilómetros que contempla a subida a un porto, e un longo de 129 quilómetros que contempla a subida a catro portos. Ambos percorridos contarán cun tramo cronometrado común que será A Franqueira dende A Hermida.

- Nova camisola da marca Gobik, como nas pasadas edicións, pero que este ano contará con mellores calidades, e que está inspirada na do equipo Colchóns CR, o primeiro equipo profesional de Álvaro Pino, no que predominan as cores vermello e azul, cun deseño moderno e innovador.

- Tres avituallamientos, dous deles completamente novos, que levarán a cabo en: Adegas Eidosela, A Cañiza e os Xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario.

Feira do corredor

Como nas pasadas edicións, o sábado 24, día previo á marcha, terá lugar a Feira do Corredor na Praza de Bugallal de Ponteareas, onde os participantes poderán desfutar de grandesmomentos de diversión. Levarase a cabo unha Xincana para nenos, da man do Club Ciclista Ponteareas, e unha charla na que participarán o propio Álvaro Pino, Isidro Araújo, Lale Cubino e Chechu Rubiera.

Fonte: Gabinete de Prensa da Sestelo Clásica Álvaro Pino

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es