Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alerta sobre o roubo de bicicletas

08 DE FEBRERO DE 2024

Ata en tres localidades diferentes os ladróns teñen empregado o mesmo modus operandi

Alerta-sobre-o-roubo-de-bicicletas

A Federación Ciclismo Galego quere amosar a súa preocupación por unha estratexia que os ladróns están utilizando para roubar bicicletas na nosa comunidade. Xa se contabilizan tres casos noutras tantas localidades da provincia de Pontevedra, o último deles a semana pasada, nos que se emprega o mesmo modus operandi

Nesa forma de actuar a toma de contacto dáse a través dos portais web de venda de produtos de segunda man: Wallapop, Milanuncios... Os ladróns solicitan quedar co propietario para comprobar o estado da bicicleta e pechar o trato en persoa. É nese encontro onde se executa o roubo. O suposto interesado na compra pide se pode probar a bicicleta para ver como vai e unha vez que se sobe nela, comeza a pedalear e desaparece

A FCG considera necesario alertar desta situación e recomenda extremar as precaucións á hora de realizar estas operacións.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es