Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xa podes solicitar a túa Licenza Federativa para o 2024

14 DE DICIEMBRE DE 2023

Aproveita todas as vantaxes de estar federad@

Xa-podes-solicitar-a-tua-Licenza-Federativa-para-o-2024

Para arrancar o 2024 dispoñendo dende o 1 de xaneiro da túa Licenza Federativa e coa cobertura dos seguros en vigor, xa está activada a zona privada dos clubs para que poidan xestionar con antelación as licenzas dos seus federados. Un proceso que, un ano máis, é 100% dixital.

A primeira licenza que hai que tramitar é a do club, unha vez que esta estea validada, poderanse xestionar as dos ciclistas. Os prezos das licenzas foron aprobados, no apartado de Obrigas Financeiras, durante a Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Ciclismo Galego celebrada o pasado sábado. Consulta as tarifas no documento que se achega. 

¿Para que serve a Licenza Federativa?

A Licenza Federativa é o complemento perfecto para que goces do teu deporte favorito ao longo da temporada tanto a nivel autonómico como estatal sen preocuparte por nada. Federándote terás a túa disposición un completo seguro de accidente deportivo e de responsabilidade civil tanto para os teus adestramentos como para as túas competicións, ademais de asesoría legal e defensa xurídica, promocións, descontos... Solicita xa a túa Licenza Federativa 100% dixital e accede a ela a través do teu móbil sempre que o necesites!

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es