Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Aprobados todos os puntos sometidos a votación na Asemblea Xeral Extraordinaria da FCG

10 DE DICIEMBRE DE 2023

As Licenzas Federativas comezarán a tramitarse a vindeira semana

Aprobados-todos-os-puntos-sometidos-a-votacion-na-Asemblea-Xeral-Extraordinaria-da-FCG

A Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Ciclismo Galego (FCG), celebrada este sábado na sede da Federación Galega de Fútbol no Estadio Vero Boquete de Santiago de Compostela, rematou coa aprobación de todos os puntos que se someteron a votación. Deste xeito, recibiron luz verde, entre outros asuntos, o Orzamento Anual 2024, o Calendario Deportivo 2024, a Normativa Técnica 2024, o Regulamento de Licenzas 2024 e as Obrigas Financeiras 2024, apartado no que se establece o prezo das Licenzas Federativas para o vindeiro ano. 

A próxima semana, previa notificación da FCG aos clubs, poderán comezar a tramitarse as Licenzas Federativas. Neste proceso a primeira licenza que hai que tramitar é a licenza do club, unha vez que esta estea validada, poderanse xestionar as licenzas dos ciclistas.

Consulta os prezos das Licenzas Federativas no documento de Obrigas Financeiras 2024 que se achega, así como as Taxas e os Premios Mínimos para as probas de Estrada e de BTT. 

GALERÍA DE FOTOS

Aprobados todos os puntos sometidos a votación na Asemblea Xeral Extraordinaria da FCG
Aprobados todos os puntos sometidos a votación na Asemblea Xeral Extraordinaria da FCG
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es